Category Archives: Sin categoría

Formación do profesorado do IES Xograr Afonso Gómez

 A semana pasada Arelar Xestión Socioeducativa impartíu unha sesión de docencia para o profesorado do IES Xograr Afonso Gómez en Sarria,  vinculada ás “dinámicas grupais para a cooperación e a mellora da convivencia”.

Esta sesión formou parte do PFPP do IES Xograr Afonso Gómez.

No segundo trimestre Arelar impartirá 3 sesións formativas  co profesorado do centro vencelladas á mellora da conviencia e a resolución de conflitos.

LOGO

“+ Q Fútbol” un proxecto para a prevención e a integración social

O “+ Q Fútbol” é un proxecto que está a xenerar de xeito constante, diversos materiais para promover os valores saudables e de integración da mocidade de procedencias moi diversas, a través da linguaxe universal do fútbol.

O proxecto é promovido polo Concello de Santiago e cofinanciado polo Plan Nacional sobre Drogas, e está a ser desenvolvido, na parte técnica polo equipo  de Arelar.

Agardamos que vos guste este pequeno vídeo descritivo:

 

Lourenzá, aprende, reflexiona e actúa

O pasado 6 de novembro tivo lugar na aula da natureza de Lourenzá, a visita guiada da exposición “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción”, con alumnado de 3º ciclo de Educación Primaria do CEIP Juan Rey,  e a través da cal,  puideron reflexionar, xogar e interactuar en base aos contidos plantexados na exposición.

O proceso educativo xerado foi moi productivo e permitiu abordar reflexións moi interesantes sobre os impactos do cambio climático, as causas que o orixinan e as solucións para minimizar os seus efectos, tanto a nivel local, coma global. O grao de implicación do alumnado foi extraordinario, o que fixo que se alongara o tempo de traballo co grupo, debido ao enorme interese e motivación amosada.

Arelar desenvolveu a parte técnica da visita guiada.

IMG_1362

 alumnado percorrendo a exposición a través do xogo didáctico proposto