Archives

“+Q FÚTBOL”: A esencia da convivencia

Ven de rematar o proxecto “+Q Fútbol” que arelar desenvolve  na súa parte técnica e que é promovido polo concello de Santiago.

este proxecto pretende empregar o Fútbol e a súa linguaxe como instrumento para fomentar a convivencia positiva e os valores de tolerancia e respecto, no marco dun ocio saudable.

No proxecto participaron maís de 40 mozos e mozas

Proxecto +QF 2016

“+QF”: Ocio saudable e integración

Durante este verán o proxecto de ocio saudable  “Máis que fútbol” (+QF) está a ser un instrumento para a dinamización no tempo de ocio da mocidade compostelá.  Empregando como instrumento de acción social a linguaxe universal do futbol, o proxecto logra crear un espazo de integración, ocio saudable, e educación en valores ao redor de diversos elementos que dotan de contido educativo ao proxecto.

deste xeito, as arbitraxes solidarias, os xogadores comodín, o boletín semanal, as merendas futboleiras, e as actividades complementarias dotan de intencionalidade educativa a un proxecto vivo, aberto e dinámico.

“+ Q Fútbol” un proxecto para a prevención e a integración social

O “+ Q Fútbol” é un proxecto que está a xenerar de xeito constante, diversos materiais para promover os valores saudables e de integración da mocidade de procedencias moi diversas, a través da linguaxe universal do fútbol.

O proxecto é promovido polo Concello de Santiago e cofinanciado polo Plan Nacional sobre Drogas, e está a ser desenvolvido, na parte técnica polo equipo  de Arelar.

Agardamos que vos guste este pequeno vídeo descritivo: