Archives

A radio serve para rachar prexuízos en torno a enfermidade mental

No marco do proxecto de radio comunitaria de Conxo,  a Concellaría de Política Social do Concello de Santiago, promove a radio como instrumento para facer comunidade e dar voz a entidades, colectivos e persoas con gañas de contar algo, sempre dende unha perspectiva comunitaria.

Este é o caso do psiquiátrico de Conxo, que onte iniciou o seu proxecto de radio comunitaria na que está empezando a dar forma ao programa radiofónico titulado ” A movida de Conxo” e que permitirá ser un instrumento para facer fronte aos diferentes estereotipos e prexuizos que poidan existir na sociedade en torno a enfermidade mental.

Ler máis…

As “urxencias” chegan a Bertamiráns

O Club de Maiores de Boqueixón representou o pasado venres esta peza teatral na Casa de Cultura de Bertamiráns

O Clube de maiores presentou o venres a noite, a peza “Urxencias” no marco do certame de teatro afeccionado do Concello de Ames e que pretende achegar ao público as vivencias nun ton de parodia dunha sala de urxencias moi especial chea de sorpresas e situacións disparatadas.

O clube de maiores conformado por 24 actrices e actores leva traballando este ano nesta peza cunha clara vocación comunitaria ao tempo que o traballo escénico serve para o desenvolvemento integral de cada unha das persoas implicadas no proxecto.

Ler máis…

O teatro comunitario dá vida

O Clube de Maiores de Boqueixón leva xa un tempo traballando dende unha perspectiva comunitaria, e co teatro como ferramenta para desenvolver un envellecemento activo, ao tempo que dinamiza a súa comunidade .

Neste intre o Clube de Maiores está a traballar nunha comedia titulada “Un morto moi vivo”, e resulta digno de mención o proceso de creación dos personaxes, adaptándoos as necesidades de cada un dos participantes.

Unha das cuestións máis complexas ten que ver coa creación dunha peza coral para 27 maiores, adecuando ás caracteristicas individuais tan diversas no grupo.

Todos estes elementos de complexidade son suplidos coa ilusión, entusiasmo e bó facer do grupo, de forma que o proceso de construción da peza resulta tremendamente estimulante e motivador.

Ao longo do ano seguirá o traballo para desenvolver a posterior representación á comunidade.

Arelar desenvolve a coordinación técnica deste proxecto.