Voluntariado Miúdo fortalece a súa rede no contexto de pandemia

O programa “Voluntariado Miúdo: Móvete” adapta o seu formato de traballo debido aos cambios que xenerou na nosa sociedade e no sistema educativo a convivencia coa COVID-19.

Os tradicionais obradoiros e encontros presenciais dos centros participantes na Cidade da Cultura, dá paso a outro plantexamento que pon en valor dous aspectos fundamentais para adaptarse a esta nova situación: A contorna virtual como espazo de aprendizaxe e interacción e o fortalecemento da rede de centros que conforman o Voluntariado Miúdo.

Deste xeito, o programa establece unha serie de actuacións:

Encontro Virtual para a posta en común do alumnado dos diferentes centros dos seus proxectos de acción voluntaria e compartir vivencias e inquedanzas ao redor do programa neste contexto.

“Cóntame”: Actividade dirixida a fortalecer os vencellos entre os centros con espazos programados para a interacción e as aprendizaxes compartidas.

-Elaboración de material didáctico recompilatorio do “Voluntariado Miúdo”.

Con estas actuación preténdese fortalecer as redes e interaccións do alumnado e profesorado nun contexto marcado pola COVID-19 e que permite a este programa impulsado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado adecuarse ás necesidades que aparecen nunha situación como a que estamos a vivir.

Arelar desenvolve a coordinación técnica do programa.