O obradoiro “Comparte e expresa!” desenvolveuse en aceesca con gran éxito

Esta semana tivo lugar o obradoiro”Comparte e expresa” que impartiu arelar na sede de aceesca de O Porriño para un grupo de 16 usuarios e usuarias con diversidade intelectual desta entidade, para a mellora das súas destrezas comunicativas.

O obradoiro tivo unha compoñente eminentemente práctica e promoveu diversos exercicios prácticos dirixidas a aprender a organizar as ideas e a desenvolver exercicios prácticos moi próximos a súa realidade cotiá, ben dende o grupo de autoxestores ou dende outros espazos e iniciativas de aceesca.

O grupo participante amosou en todo momento unha actitude moi participativa e desenvolveu exercicios prácticos de gran calidade e moito interese para a súa aplicabilidade nos seus contextos cotiás.

Esta iniciativa foi promovida por FADEMGA que leva impulsando esta formación por diversas entidades asociadas.