O Clube de Maiores de Boqueixón ven de iniciar unha xira por diferentes localidades galegas, na que es´tan a representar a peza teatral “Urxencias”, unha obra coral que trata en tono de comedia as peripecias dun servizo de urxencias dun hospital.
trala estrea no mes de abril e maio, agora esta experiencia de teatro comunitario proxéctase agora dende o prisma do intercambio con outros grupos afecionados de cara a crear dinámicas de posta en valor do teatro comunitario e de enriquecemento mútuo.
A obra ven de representarse en Ribeira o pasado 7 de setembro, e agora percorrerá diferentes vilas galegas: Cabanas -6 d eoutubro-, Melide -13 de outubro-, Vedra -26 de outubro-, ademais de visitar outras vilas a finais de ano: Vila de Cruces, Touro e Narón.
Este proxecto de teatro comunitario é coordinado por Arelar.