Ao longo deste trimestre estívose desenvolvendo o proxecto de teatro foro nos centros educativos de educacion secundaria en Santiago de Compostela. Neste trimestre desenvolvéronse dúas pezas no IES Pontepedriña, e no IES de Sar, dirixidas a abordar a prevención das drogodependencias e o acoso escolar respectivamente.
A potencialidade deste proxecto reside na implicación do alumnado en todo o proceso creativo e interpretativo, xerando un recurso didáctico de gran potencialidade para chegar ao alumnado dos seus respectivos centros.
O resultado final foi a creación de dúas pezas de teatro foro que se representaron en ámbolos centros tituladas “O camiño á drogodependencia” dirixida a abordar a prevención das drogodependencias e “A cara oculta do insti” creada para afondar na problemática do acoso escolar nas súas diferentes manfestacións.
A acollida por parte do alumnado “espect-actor” foi moi positiva e resultou en tódalas representacións efectuadas unha proposta moi enriquecedora e educativa, e contou coa visita do Concelleiro de Educación e Mocidade Rubén Prol para ver o resultado final do traballo realizado.
Arelar desenvolve a coordinación técnica do proxecto nos diferentes centros e que terá continuidade ao longo do vindeiro curso escolar.