O teatro foro como recurso na educación emocional do alumnado

O nte tivo lugar a rolda de prensa do proxecto de teatro foro que impulsa o Concello de Santiago nos centros de educación secundaria de Compostela co afinalidade de crear unha ferramenta para a educación emocional do alumnado, tomando como partida situacións e vivencias vencelladas á pandemia e os seus impactos emocionais.

O proxecto de teatro foro, desenvólvese neste curso académico dun xeito diferente ao que viña sendo común antes da pandemia, no que o alumnado participaba do proceso creativo das pezas de teatro foro creando as personaxes e as situacións en base á tematica que cada grupo elixía, para posteriormente desenvolver as sesións de teatro foro no seu centro.

Neste curso, o proceso creativo das pezas foi diferente, e partíu ao final do curso pasado da recollida das percepcións e vivencias do alumnnado ao longo da pandemia (a través dun obradoiro de educación emocional) , para identificar situacións concretas e o seu impacto emocional na mocidade.

Deste xeito, un grupo de educadores e educadoras de Arelar desenvolve á representacion das pezas e guía as sesións de teatro foro, para permitir a reflexión e análise do vivido, a través de escenas que permitan a aprendizaxe emocional do alumnado, propoñendo interpretacións que permitan axudar aos personaxes a unha mellor xestión emocional das situacións escenificadas.

O proxecto de teatro foro, desenvólvese ao longo deste trimestre en 4 institutos Compostelás, se ben está aberto a novas solicitudes.

Arelar coordina a parte técnica do proxecto que promove a Concellaría de Mocidadade e Educación do Concello de Santiago.