Os maiores ocupan o escenario en Boqueixón

Arelar está a desenvolver un proxecto de teatro con persoas maiores no Concello de Boqueixón, a través dunha peza teatral chamada “Urxencias” e que parodia unha sala de urxencias dun hospital.

No proxecto están a participar 26 maiores de todo o concello ( de 55 a 92 anos) , amosando a súas gañas e ilusion neste proxecto teatral que culminará coa representacion desta peza cómica, e que pretende ser un espazo de traballo que ademais de traballar as dimensións escénicas e interpretativas, pretende ser un espazo de ocio, e de traballo educativo en diversas vertentes: memoria, habilidades sociais, autoestima, empoderamento social, etc….

O proxecto entra agora na vertente final, que culminará  coa representación da obra a finais de ano.