Archives

O acoso escolar a debate

Hoxe tivo lugar unha videoconferencia que arelar impartiu ao grupo de mulleres de FADEMGA-Inclusión Social Galicia sobre o acoso escolar, e que pretendiu favorecer a reflexión en torno a este problema, e identificar os mecanismos tanto de prevención como de detección e tratamento dun caso de acoso escolar de cara a minimizar os posibles danos e prexuízos sociais e emocionais que se derivan dunha situación de acoso escolar.

Así mesmo, tamén se analizaron as peculiaridades que ofrece o ciberbullying en relación ao acoso escolar e cales son os mecanismos de actuación para a prevención.

O vindeiro 17 de xuño terá lugar outra videoconferencia con outro grupo de mulleres de FADEMGA.

 

O grupo de autoxestores traballa nas estratexias para a resolución de conflitos

Esta semana ben de rematar o obradoiro de resolución de conflitos que se ten desenvolvido co grupo de autoxestores de FADEMGA Plena Inclusión Galicia, e que permitiu ao grupo traballar sobre a importancia do grupo para a creación dun clima relacional positivo, a análise de conflitos e a introdución nalgunhas ferramentas para a xestión positiva de conflitos.

O grupo traballou ao longo das diferentes sesións do obradoiro con moito interese e motivación achegando reflexións e propostas axustadas á súa realidade cotiá.

Finalmente plantexáronse estratexias específicas que poden axudar aos grupos a xestionar satisfactoriamente os diferentes conflitos que poden aparecer froito da convivencia e a interacción interpersoal.

arelar desenvolveu as sesións formativas na sede de FADEMGA.

convivencia e a resolución pacífica de conflitos

Dende onte Arelar desenvolve na sede de FADEMGA en Santiago de Compostela un obradoiro dirixida a aprendizaxe de estratexias para a resolución de conflitos e  á promoción da conviviencia positiva nas relacións interpersoais.

O obradoiro desenvólvese ao longo de dúas sesións e pretende xerar un espazo de diálogo e reflexión entre o grupo de autoxestores de FADEMGA  para a adquisión das diferentes habilidades para a xestión positiva de conflitos no seu desenvolvemento persoal.

Ademais, na primeira sesión abordouse a importancia da creación dun clima agradable e as ferramentas para a cohesion grupal e o traballo en equipo, como mecanismo para a prevención e o fomento dunha convivencia positiva que facilita o regulamento emocional, relacional e produtivo de cada grupo.

Ler máis…