Aprendizaxe-Servizo ao servizo da separación de residuos no fogar

Arelar, desenvolve a coordinacion técnica dun proxecto de Aprendizaxe-Servizo (ApS) impulsado dende o CPI Antonio Orza Couto de O Forte – Boqueixón, dirixido a promover unha mellora na calidade dos procesos de separación dos residuos nos forgares do concello.  Para acadar este obectivo, no centro abordarase dende diferentes disciplinas (bioloxía, plástica, tecnoloxía, música e educación física)   a elaboración de diversos materiais e actividades que redunden na elaboración dunha campaña de sensibilizacion a realizar no concello para a mellora da informacion e a concienciación medioambiental na separación de residuos no fogar.

O proxecto iniciouse cunha serie de accións formativas para profesorado e alumnado  de 4º de ESO, para establecer as bases de traballo do proxecto. Posteriormente, o profesorado traballará xunto ao alumnado na elaboración dos diferentes materiais e actividades  ao longo do segundo trimestre do curso. Finalmente no terceiro trimestre terán lugar as diferentes actividades de sensibilización na comunidade.  O proxecto é promovido polo concello de Boqueixón financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participacion e Voluntariado.