“Palabras Creativas” en O Saviñao

 

Este venres deu comezo o obradoiro “palabras creativas” no marco do proxecto Ler Conta Moito, da Conselleria de Cultura e Educación Universitaria, e que ten lugar na biblioteca Municipal de O Saviñao, ao longo deste mes de abril.

Nesta ocasión o obradoiro permite indagar na aventura de seren escritores/as creativos/as dende o xogo coas palabras dun xeito ameno e divertido. Inventar novas palabras, desenvolver historias encadenadas ou xogar a caixa máxica das palabras son pasos previos fundamentais para ser escritores/as creativos/as.

Aqui tedes un enlace á presentación do obradorio dende a Biblioteca Municipal de O saviñao:

https://bpmsavinao.wordpress.com/2016/03/27/obradoiro-palabras-creativas/

 

o vindeiro 9 de abril dá comezo o Foro da Mocidade do concello de Teo

O vindeiro 9 de abril terá lugar a primeira sesion do Foro da Mocidade do Concello de Teo, e que é o resultado da posta en marcha das primeiras iniciativas saídas do estudo diagnótico realizado por Arelar, sobre a situación da mocidade no no concello e o seu nivel de participación no plano social, cultural e deportivo no concello.

Deste estudo saiu un plan de accion 2016-2019, e no que se establecen unha serie de liñas de acción para aplicar neste periodo e mellorar o empoderamento, e a participación da mocidade como axentes dinamizadores da súa contorna.

Unha das primeiras medidas a aplicar é a creacion do Foro da Mocidade, no proceso de creación de órganos de decisión propios. Deste Foro sairán as propostas que configuren a programación de actividades para a mocidade no exercicio 2016-2017.

foto pps teo 1

Imaxe da rolda de prensa  extraida de El Correo Gallego (17/03/2016)

Na procura de lectores creativos e divertidos

 

Este sábado deu comezo o obradoiro “palabras creativas” na BIblioteca Nodal de Ourense, e que se desenvolverá os 5, 12 e 19 de marzo en horario de mañá, para promover o gusto pola lectura a través do xogo coas palabras e a viaxe imaxinaria ao mundo dos contos. Ademais, dende esta proposta dinámcia sairá un pequeno audiovisual como recurso para a promoción da lectura na propia biblioteca.

Esta actividade esta encadrada no programa Ler Conta Moito da Consellería de Educacion e Cultura e esta executada por Arelar.