Últimos proxectos realizados

Aqui poderedes saber cales son algúns dos  proxectos máis recentes desenvolvidos polo equipo técnico de Arelar…..

Obradoiro de resolución de conflitos. FADEMGA
Obradoiro dirixido a formación na resolución de conflitos e aprendizaxe de competencias sociais
Elaboración da campaña para a prevención da adicción de menores aos xogos de azar
Deseño da imaxe e contidos educativos dunha campaña dixital e obradoiros educativos para a prevención da adicción ao xogo de apostas por parte da mocidade
Asistencia técnica na dinamización do proxecto de Voluntariado Miúdo
Proxecto encamiñado ao asesoramento dos centros educativos de educación infantil e primaria no deseño e execución de proxectos de educación en valores, solidarios e de voluntariado.
Proxecto de Teatro foro para a afrontamento do impacto emocional da pandemia na adolescencia
Proxecto de diagnose e elaboración dunha peza de teatro foro para a aprendizaxe de estratexias de educación emocional en situacións coitás derivadas da pandemia.
Proxecto de teatro Foro para a educación en valores
Proxecto asentado nesta metodoloxía transformadora e creativa para abordar diversas problemáticas transversais de gran interese para os centros educativos de educación secundaria
Proxecto de educación ambiental de ECOLIDERADO para o empoderamento xuvenil coa asociación Muíños'
Proxecto dirixido ao empoderamento xuvenil da mocidade do concello de Boqueixón como axentes dinamizadores e de posta en valor do patrimonio ambiental e cultural da súa contorna.
Estudo diagnóstico e plan de acción para a participación social da mocidade
Estudo dirixido a coñecer a dinámica social da mocidade e determinar un plan de acción municipal en materia de xuventude.
Desenvolvemento do Proxecto Empatiza para a resolución de conflitos
Proxecto de resolución de conflitos en centros de educación primaria.
Proxecto de Teatro Comunitario con persoas maiores
Proxecto orientado á promover o empoderamento das persoas maiores a través do teatro dentro da súa propia comunidade.
Obradoiros de resolución de conflitos en centros educativos
Obradoiros dirixidos a adquisición de competencias para a comprensión e resolución pacífica de conflitos para a mellora da convivencia nos centros escolares.
Obradoiros de formación para nais e pais na 'Prevención detección e afrontamento do acoso escolar'.
Obradoiro que fomenta de xeito práctico e vivencial a adquisición de estratexias e pautas para o afrontamento do acoso escolar.