“+ Q Fútbol”: un proxecto en constante movemento

O proxecto do “+ Q Futbol”non parou durante o mes de agosto, no que os participantes, desputaron 2 partidos de fútbol-7 no campo de fútbol de Belvís. Diversión, esforzo, golazos, xogo en equipo e moi bó ambiente para unha tarde de verán moi saudable en Compostela.

Pero, ademais de bo rollo, entusiasmo e amizade, dende o “+ Q Fütbol” tamén podemos ollar xogadas espectaculares que fan a delicia de todos aqueles que desfrutamos dos partidos.

ollade, ollade……………

https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=VKnP0tyb-6g

E o mellor está por chegar. En breve teremos un fin de festa espectacular……

O compromiso do alumnado a prol do planeta deuse cita en Pontevedra

O pasado 19 de xuño tivo lugar en Pontevedra  a I Xuntanza dos xóvenes pola sostibilidade e a paisaxe,  promovida polo Instituto de Estudos do Territorio, e na que máis de 250 alumnos e alumnas de educacion primaria e secundaria onde puideron compartir experiencias e proxectos desenvolvidos ao longo do curso, ademais de realizar unha serie de seminarios temáticos onde se debateron diversos retos a abordar nos centros educativos para o traballo a prol da sostibilidade, dende diferentes ámbitos temáticos.

Ademais, neste Xuntanza, houbo representación de 5 delegacións doutras comunidades autónomas amosando os seus proxectos, e as súas experiencias nas Conferencias autonómicas que tiveron lugar en cada territorio.

Arelar participou no deseño didáctico desta xuntanza, e na súa organización.

“Micromovies” con sabor solidaria

Dende Arelar estamos a desenvolver o proxecto de “Micromovies a prol do voluntariado”, que está promovido pola Dirección Xeral de Voluntariado,  e que pretende  promover os valores da solidaridade entre o alumnado dos oito centros participantes, e que ao tempo amosa dende unha ficción xerada polo propio alumnado, a esencia dos proxectos que se desenvolven en cada centro.

Diapositiva3 Diapositiva9 Diapositiva2 Diapositiva4