Enlázate ao voluntariado: XX Congreso estatal de Voluntariado

O pasado 28 e 29 de novembro desenvolveuse en Ourense o XX Congreso estatal de voluntariado baixo o lema “Enlázate ao voluntariado” e que pretende promover dende diferente ópticas o voluntariado como un instrumento de cambio e transformación social con gran valor en diferentes eidos sociais.

Arelar participou no Congreso por unha dobre vía. Por unha banda a través da presentación do proxecto “A experiencia conta” a través da recreación dun programa de radio que permitíu coñecer dun xeito dinámico e fresco a esencia deste proxecto.

En segundo lugar dende a realización dun obradoiro na xornada do 29 de novembro sobre o ciberbullying e proxectos solidarios dirixido a escolares que se achegaron na xornada matutina ao Congreso.

Educación social, politicas culturais e intervención socioeducativa a debate

Esta semana ven de celebrarse unhas xornadas sobre “Políticas culturais, xetión cultural e animación sociocultural, unha mirada dende a educación social” onde un grupo de alumnado estudante de educación social deseñou estas xornadas para establecer unha ollada a educación sociocultural dende a perspectiva sociocultural.

Arelar tivo a oportunidade de participar nunha das mesas redondas para achegar a súa visión sobre o perfil da educación social no manexo de instrumentos do ámbito cultural para a intervención socioeducativa, dende óptica do desenvolvemento da iniciativa privada.

A prevención das drogodependencias dende unha ollada diferente

Ven de comezar no IES Pontepedriña un traballo de prevención de drogodependencias co alumnado de FP Básica de Comercio que  a través da metodoloxía do Teatro Foro, crean unha peza teatral que posteriormente será representada a diferentes grupos de 4º de ESO do centro, e que permitirá abordar a problemática dende unha óptica diferente, obrigando ao alumnado a un traballo vivencial sobre as estratexias para afrontar situacións de presión de grupo, de afrontamento de conflitos entre iguais ao redor de consumos, a comunicación no seo familiar, etc…

O alumnado participante (18 en total) crea as situacións onde se desenvolve a peza, froito das súas percepcións e inquedanzas, de cara a abordar a prevención dende as dificultades dun personaxe central na súa relación problemática coas drogas.

Ler máis…